PIRATA
 

Eu só quería
que viñeras velo mar
e non, a facer ningunha guerra
inda que teñamos moito que loitar
o noso surxirá das profundidades
ahora sinto as olas coma pantasmas
de amores naufragados.

Estribillo. Esperareite xunta ó barco
que nos leve a unha illa
onde somentes se escoiten paxaros
e algo que non soubemos comunicar
naquel intre esa maxia
na que non creen on homes sensatos
e que tan preto estivo das letras
daquelas cancións
ando na búsqueda da poesía
como quen anda a coller frores
ou que fai un bo retrato
ninguén adverte o meu parche e a pata de pao
porque ando a bordaxe de soedades
pra facerme artista na vez de pirata, pirata
do teu corazón.
Alá te foches co teu medo rumbo ó mar
a buscar algú tesouro ou o canto da serea
que te faga soñar
e eu agardando amor o teu regreso ó corazón
coa alma cos platos sucios desagüe abaixo
a polo océano da túa viaxe.
Estribillo.
Esperareite xunta o barco...